Este vindeiro xoves día 9 está prevista a publicación da nova regulamentación e convocatoria da bolsa de persoal interino do corpo de Médicos Forenses. A pesares das varias alegacións efectuadas pola CIG, tales como que cada partícipe puidera consultar "on line" a súa instancia para poder comprobar que méritos dos alegados foron valorados e cales non (cousa que xa non se fixera na bolsa de persoal interino dos corpos xerais) a fin de poder reclamar con maior coñecemento de causa, a administración obviou ditas propostas e so admitiu aquelas que tiñan que ver coa redacción ou un estilo máis acaido dalgún dos artigos da norma. Tampouco tiveron en conta a alegación de permitir aos participes seleccionar por orde de preferencia, de mellor opción a peor opción, as provincias de prestación de servizos, cando a bolsa é de ámbito autonómico (non provincial como nos corpos xerais). En fin, que hai dou xeitos de facer as cousas, ben... ou como as fai a administración autonómica.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario