Saltar ao contido principal

NOTA INFORMATIVA - MESA SECTORIAL MADRID - LOPX

O pasado venres, tras unha convocatoria de urxencia, acudimos a unha reunión en Madrid co Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, para constituir, supostamente, unha mesa para negociar a reforma da LOPX.
Que ilusos! Do que se trataba era de informarnos (antes da aprobación do Consello de Ministros que se prevé para este venres) dos plans Goberno, sen ánimo de negociación; da reforma integral do mapa xudicial que prantexaba Gallardón, suprimindo partidos xudiciais, Audiencias,etc .... pasamos a cambios noutros aspectos de “gran calado e fonda demanda social”:
-      subir de 5 a 7 os vogais con dedicación exclusiva do CXPX
-      modificar a regulación do Gabinete Técnico do Supremo
-      suprimir a responsabilidade civil directa dos xuíces e a situación administrativa das Secretarías Coordinadoras e de Goberno.
-      regular a protección de datos nos procedementos xudiciais
-      redefinir a xurisdición militar
-      reforma do art. 241 sobre incidente de nulidade de actuacións
-  creación de xuíces especialistas en materia tributaria na orde contencioso-administrativa.
          En canto aos Libros V e VI que regulan o noso estatuto xurídico, van contemplar, tal e como solicitaron as centrais asinantes, os aspectos recollidos no pésimo acordo asinado  por CSIF, UXT e STAJ, que deixa sen modificar cuestións tan importantes como a convocatoria de todas as prazas nos concursos e oposicións, o pagamento das substitucións, a recuperación dos dereitos roubados nos últimos anos, etc, etc...Xa no seu momento CIG e ELA amosamos o noso rexeitamento abandonando a mesa de negociación. De non existir tal acordo previo, referente a un proxecto totalmente distinto ao actual, partiríamos dunha base para a negociación moito máis beneficiosa porque habería que negociar sobre un proxecto novo e estarían abertas todas as posibilidades.
          Ademais, só CIG, CCOO e ELA volvemos rexeitar o outorgamento da realización dos actos de comunicación a procuradores e procuradoras por tratarse da privatización doutro servizo público.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr