Saltar ao contido principal

RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE - APERTURA DE PRAZO PARA SOLICITALAS

A nosa central sindical dispón este ano dun total de 21 habitacións reservadas nas Residencias de Tempo Libre:

- No caso De Panxón, dispoñemos de 10 habitacións:  4 delas de 2 prazas, e  6 delas de 3 prazas. 

- No caso do Carballiño, dispoñemos dun total de 11 habitacións: 2 delas dunha praza, 7 de 2 prazas e 2 de 4 prazas
 
PRAZO:
- Tedes até o venres 13 de marzo para achegar as solicitudes de praza nas Residencias de Tempo Libre de Panxón-O Carballiño, por medio do fax 981358760 ou do correo politicasociais@galizacig.gal
 
- O modelo oficial está recollido no DOG nº 33 do 18 de febreiro de 2015. Podedes descargalo na seguinte ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150218/AnuncioCA05-120215-0001_gl.html
 
- Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou menores, sempre que vaian en compañía dos seus proxenitores ou das súas proxenitoras ou titores ou titoras legais e a distribución de prazas será compartida nun 50% entre a Consellaría de Traballo e Benestar e as centrais sindicais, en razón da súa representatividade.
 
- O servizo de residencia consistirá no aloxamento e mantenza en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
 
- Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para unha única residencia de tempo libre e para unha ou varias quendas. Pero non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
 
- Unha vez que a Consellaría de Traballo e Benestar reciba as solicitudes que lle remitiremos desde a CIG, as residencias comunicarán ás persoas adxudicatarias a concesión de prazas, indicando o período que lles correspondeu (hai sete quendas de dez días de duración distribuídas entre o 1 de xullo e o 10 de setembro), as datas de iniciación e remate dos servizos, así como o custo, indicando o tipo de habitación ou habitacións designadas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr