Saltar ao contido principal

A OPAX ACTUALÍZASE E, EN BREVE, PERMITIRÁ PEDIR ONLINE TODOS OS PERMISOS, VACACIÓNS E LICENZAS

Dende a Dirección Xeral indícannos que nuns días entrará en funcionamento o novo módulo de solicitude, consulta e xestión de permisos, vacacións e licenzas na OPAX.

Este  novo módulo recolle a petición de case todos os permisos e licenzas, sendo a súa tramitación, na maioría dos casos, totalmente electrónica, incluíndo ademáis, como novidade, a carga da documentación xustificativa que se precise a través da propia aplicación. 

Non están comprendidos, dentro do abano de posibilidades de xestión do novo modulo, os permisos de parto, parternidade, fillo prematuro, lactación, nin tampouco as licenzas de enfermidade, ou risco durante o embarazo.

O manual sobre o funcionamento do módulo, así como as fichas informativas sobre cada unha das situacións estarán dispoñibles nos apartados correspondentes da propia OPAX.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.