Este mércores pasado, coa presenza de decenas de traballadores, de diversos sindicatos como UGT, CCOO, CIG, CSI-F e USO, así
como de varios profesionais como avogados ou procuradores, proseguiu a campaña que se está a levar a cabo en todo o país en defensa dos rexistros civís públicos.
Anunciouse neste momento que unha das iniciativas prantexadas será a de conseguir un total de
500.000 sinaturas para presentar unha iniciativa lexislativa popular (ILP) no Congreso dos Deputados en contra da privatización dos rexistros civís, ante a pretensión do Goberno de que este servizo o asuman os rexistradores mercantís, co custe que isto suporá para o cidadán.
Comentarios
Publicar un comentario