Saltar ao contido principal

NO DOS REXISTROS CIVÍS NON PODEMOS AFROUXAR AS RENDAS. XA SE ESTÁ A FALAR DE PRORROGAR A "VACATIO LEGIS"

Agora non podemos afrouxar. Chegou o momento de incrementar a presión mediática, pública e cidadá  sobre o goberno de España, a fin de que non prosiga coa reforma do Rexistro Civil. 
Se xa o Director Xeral de Xustiza de Galiza intúe ou vislumbra (se acerta case podería considerárselle un visionario, no bo sentido da palabra) que a posibilidade de que se prorrogue a "vacatio legis" entra dentro das alternativas que se manexan e, polo tanto, é unha das saídas que poden ter en conta para que nestas vindeiras eleccións locais non teñan unha perda moi grande de votos debido á eliminación do Rexistro Civil de cada vila e pobo, pois xa veremos como pensan o resto de persoeiros que estarán na vindeira conferencia sectorial de xustiza, moitos dos cales tamén son do PP. 
En fin, xa o di o refraneiro, "A inimigo que fuxe, ponte de prata". Por iso nós somos máis da idea de que non se debe querer axeonllar ao inimigo, se non facilitarlle a escapada, por que a fin de contas, o que queremos e que se marche. Polo tanto, ante os últimos coletazos e estertores deste goberno do PP o mellor e actuar con intelixencia e non vai ser que se revolva das súas cinzas e, como vinganza última, nos deixe nunha situación peor da que poderiamos quedar se lle facilitaramos a fuxida.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr