Saltar ao contido principal

POSTA EN FUNCIONAMENTO DO NOVO MÓDULO DE PETICIÓN DE PERMISOS, LICENZAS E VACACIÓNS

Como xa vos adiantaramos o pasado martes, no día de hoxe entra en funcionamento o novo módulo para a solicitude, xestión e anulación dos permisos, licenzas e vacacións. Con este cambio, a petición de todos eles se fará a través do apartado persoal da oficina virtual, e na maioría dos casos, a tramitación pasa a ser completamente electrónica, como xa viña sucedendo coas vacacións e asuntos particulares. Esta tramitación electrónica esténdese igualmente, a anulación de solicitudes xa concedidas e a aportación da documentación xustificativa necesaria para cada caso.

Na axuda dispoñible poderá ser consultado o manual do usuario, onde resolver calquera dúbida sobre a tramitación. Á súa vez, para cada un dos casos, habilitouse unha ficha na que consultar a información xeral básica, a forma de xustificación, a normativa reguladora e o órgano competente para súa resolución.

Debido á posta en marcha desta nova versión do programa, no día de hoxe pode haber problemas para o acceso á OPAX a través do enlace habitual, problema que se atalla temporalmente, escribindo directamente na barra de enderezos: opax.xunta.es

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.