EMPEZAMOS A PRESENTAR AS MOCIÓNS DE APOIO AO REXISTRO CIVIL NO RESTO DOS PARTIDOS XUDICIAIS DE PONTEVEDRA
Hoxe na vila de Tui, ante o edificio do concello e coa presenza do Sr. Alcalde e de traballadores dos Xulgados de Tui, as centrais sindicais CCOO, STAJ, CIG, SPJ-USO, CSI-F e UXT así como a plataforma "SOS XUSTIZA", empezamos o periplo polos partidos xudiciais da provincia de Pontevedra, a fin de presentar mocións para o seu debate nos plenos respectivos, en apoio da non privatización dos rexistros civis.
Nos vindeiros días iremos personándonos nas cabeceiras dos demáis partidos xudiciais para recabar ese apoio, ben directamente a través dos respectivos alcaldes, ou ben a través dos partidos con representación nos citados concellos.
ESCRITO MOCIÓN CONCELLO TUI
ESCRITO MOCIÓN CONCELLO TUI
Comentarios
Publicar un comentario