Saltar ao contido principal

REXISTRO CIVIL: O MINISTERIO NON CAMBIA DE ACTITUDE NIN DE POSICIONAMENTO

Por fin a actitude firme que  a CIG, xunto co sindicato vasco ELA, vimos mantendo fronte as mentiras e presións do Ministerio de Xustiza deron os seus froitos ao dar exemplo ao resto dos sindicatos representativos para tomar a decisión de NON ACUDIR A MADRID para unha suposta reunión de “urxencia” hoxe as 17:00 horas. Ao igual que fixemos co equipo de Gallardón, NÓS NON PARTICIPAMOS EN FARSAS NIN EN REUNIÓNS BALEIRAS DE CONTIDO, porque o noso tempo e o noso esforzo está dirixido a negociar as condicions laborais do persoal e NON A LEXITIMAR OPERACIÓNS DE PROPAGANDA DA ADMINISTRACIÓN. 
Un exemplo máis da tomadura de pelo sobre as intencións do Ministerio é a misteriosa comunicacion que se dicia ia remitir hoxe o Ministerio cun grandisimo secretismo e que non veu máis que a confirmar as poucas intencions negociadoras e de dar marcha atrás nos seus posicionamentos en relación co Rexisto Civil.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.