Saltar ao contido principal

RPTS IMELGA - PAGA EXTRA 2012 - CONCURSO DE TRASLADOS E MESA MADRID REXISTRO CIVIL

Esta semana tiveron lugar sendas xuntanzas en Compostela e en Madrid para tratar os seguintes temas:
Na mesa de Compostela tratáronse os temas das RPT's do IMELGA e a súa actualizacion ao existir un número alto de persoal de reforzo que debería ser consolidado no cadro de persoal, a negación da administración a devolver nestes momentos a totalidade da paga extra de 2012, a pesares das innumerables sentenzas que temos ao noso favor e, finalmente, sobre a inclusión de prazas no vindeiro concurso de traslados.
Na mesa de Madrid tratouse exclusivamente o tema do Rexistro Civil pero, dada a ausencia do Ministro na mesma e, en principio, a falta de movemento algún a prol dun cambio na posición ministerial sobre este tema, poucos avances se produciron. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.