Saltar ao contido principal

O CXPX PRETENDE AVALAR A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DE DOCUMENTOS E A UNIFICACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS

Ningún dos partícipes nesta guerra estase a enteirar de que vai a problemática real da informática xudicial ou, máis ben, non queren enteirarse. O CXPX en sendas novas que vos deixamos nos enlaces de abaixo, pretende avalar a presentación telemática de documentos e a unificación dos diferentes sistemas informáticos existentes no Estado, cando do que se debería de estar a preocupar e MOITÍSIMO e dos centos de bases de datos DIFERENTES e totalmente corruptas (informáticamente falando) existentes en cada partido xudicial de España. De que vale que todos saibamos tocar a trompeta, incluso da mesma marca, se cada un toca cunha partitura diferente. O problema de base máis importante é que nestes intres a intercomunicación das bases de datos xudiciais é inexistente máis ala de cada partido xudicial. Mesmo ainda que toda España empregara a aplicación informática MINERVA, seguiríamos a ter o grandísimo problema de que os datos se tratan de forma local e conforman bases de datos locais, non estatais, por iso o mesmo señor Jose Lopez Lopez aparece rexistrado en canto xulgado teña tido unha actuación xudicial, sen que ningún dos órganos xudiciais que o meteu no sistema saiba que se trata da mesma persoa. Isto que se está a permitir na informática xudicial dende fai moitos anos, sen poñerlle remedio (a propósito, non nos cabe dúbida), se ocorrera nas bases de datos da AEAT (Axencia Tributaria) sería a quebra de España, pero claro, como se trata da xustiza e esta non lle importa a ninguén, pois seguiremos a traballar con ferramentas mal deseñadas para o fin que se persegue, que sería a modernización da Administración de Xustiza.

Ligazóns Noticias Jurídicas:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr