Acabamos de conseguir a primeira sentenza en Pontevedra na que se recoñece á traballadora o pagamento do 100% de toda a paga extra de 2012, incluída a paga adicional, sen ningunha posibilidade de recurso e con imposición a administración de ata 400 euros en custas. Tamén en Lugo obtivemos unha sentenza con idéntico pronunciamento pero impoñéndolle a administración as custas por temeridade, e dicir, sen cuantificar un límite. Este é parte do traballo que viñemos facendo nestes catro anos, defendendo os intereses das traballadoras e traballadores fronte ao abuso da administración. Neste tema, concretamente, somos o sindicato que máis sentenzas favorables temos obtido sen ter que facer ningún "ofertón" de "te lo llevo por 20 euritos".
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario