Saltar ao contido principal

RETRASARANSE AS OPOSICIÓNS ATA A MODIFICACION DA LOPX


  1. Segundo informou o Ministerio de Xustiza, a convocatoria dos procesos selectivos aos Corpos da Administración de Xustiza atrásase ata que se aprobe definitivamente a modificación en curso da LOPX. 
  2. Xa que logo, agora, salvo novos cambios, que coa Administración nunca son descartables, a data prevista para a convocatoria é o próximo mes de outubro. O que significa que as primeiras probas desta OPE non se poidan celebrar ata xa entrado o ano 2016.
  3.       É de resaltar que na súa actual redacción o proxecto de reforma de LOPX inclúe algunhas novidades que afectarán á OPE como son a desaparición da obrigatoriedad do curso teórico-práctico (o proxecto di "poderán incluír a realización dun curso teórico práctico") e que, pese á oposición da CIG na negociación, a porcentaxe de prazas reservadas a promoción interna pasa do 50 ao 30%.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

TOMA DE POSESIÓN DO NOVO SECRETARIO DE GOBERNO DO TSXG

O Secretario Nacional do Sector de Xustiza da CIG, Óscar Freixedo, e a Secretaria de Saúde  Laboral, Chelo Rodríguez, acudiron no día de onte, a tendendo ao convite da Ministra de Xustiza, á toma de posesión en Madrid do novo Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Juan José Martín Álvarez, ata fai uns días Director Xeral de Xustiza. Óscar e Chelo trasladáronlle ao novo Secretario de Goberno do TSXG o seu compromiso co diálogo e a colaboración, asi como a dispoñibilidade do Sector de Xustiza da CIG para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores da xustiza galega e do servizo público que atenden.

AGRADECEMENTO AS TRABALLADORAS/ES POLO SEU VOTO NAS RECENTES ELECCIÓNS

A CIG quere dar as grazas a todas e todos @s que participastes nas eleccións ás Xuntas de Persoal da Admón de Xustiza, en especial aos que depositastes a vosa confianza en nós. Vistos os resultados, agás en   Ourense que aínda non se celebraron,   queremos manifestar que   o voso apoio nos vai facer un pouco máis fortes, e esa forza ímola empregar, coma sempre, libres, sen ataduras e cun espíritu crítico,   en tratar de mellorar as condicións de traballo de todas e todos, en tratar de conseguir que se respecten os nosos dereitos e que esta xustiza do noso país mellore e sexa un mellor servizo público. Toca seguir loitando, que é algo que facemos con agrado   esperando non defraudar e conseguir ser cada vez un pouquiño máis referente neste sector,   do mesmo xeito que somos referente nos distintos eidos da nosa Galiza.