Saltar ao contido principal

SPJ-USO, SOLICITUDE DE ACLARACIÓN DE ERRO



O pasado día 1, o sindicato SPJ-USO, no seu primeiro comunicado electoral, cometeu un erro na información que facilitou, seguramente de xeito involuntario e non intencionado. Nel di que : “Somos  o  único  sindicato  que  segue  a  loitar  contra  os  recortes  do  CAT  impostos  polo  Sr.  Feijoó e,  se  ben nun principio non tivemos éxito, coa última sentencia acadada, ábrese unha porta á esperanza para  recuperar parte do noso salario.  En algunhas das Sentencias do CAT que nos foron  desestimadas, tivemos  que  pagar  as  custas  do  procedemento  á  administración,  custas  que  ten  que  pagar  o noso sindicato co diñeiro dos nosos afiliados. ¿Qué custas tiveron que pagar UGT, CSIF, CCOO, STAJ,  CIG,  OU  ALTERNATIVAS?.  ¿Que  fixeron  eles  para  recuperarmos  o  CAT roubado?"

Pois ben, queremos aclarar e informar a este sindicato de que a CIG ten interpostas varias reclamacións previas e demandas pola retención do CAT en Lugo, estando á espera de sentenza en Pontevedra.

Que nós, polo de agora, non pagamos custas, dado que non perdemos ningunha sentenza; porque as que temos sobre a firma delegada do Rexistro civil e do cuarto punto dos xulgados de paz (das que fomos os precursores), tamén as gañamos; así como as da paga extra do 2012, das que temos o maior número de sentenzas do país. Nós facemos o noso traballo en defensa das traballadoras/es e afiliadas/os e non nos aproveitamos do traballo dos demais.

Por todo iso, solicitamos que se rectifique a nota de SPJ-USO e que no sucesivo ese sindicato contraste as noticias antes de colgalas no seu blog.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr