Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2015

RETRÁSASE ATA O 15 DE SETEMBRO A PUBLICACIÓN NO BOE DO CONCURSO DE TRASLADOS

Con relación ao concurso de traslados ordinario anunciado con data 20-5-2015 (BOE 5-6-2015), entre funcionarios dos Corpos e Escalas de Xestión, Tramitación e Auxilio, modifícase a data de publicación da resolución provisional no Boletín Oficial do Estado, pasando a ser o 15 de setembro. Logo haberá dez días naturais como prazo de alegacións. Os ficheiros coa adxudicación provisional do concurso, os Anexos III e a relación de excluídos colgaranse na páxina web do Ministerio de Xustiza na última semana de agosto.

CONVOCATORIA BOLSA DE PERSOAL INTERINO DE EXTREMADURA

 Hoxe saíu publicada na páxina web do  Ministerio de Xustiza o anuncio de convocatoria das bolsas de persoal interino dos corpos de X estión, Tramitación e Auxilio de Extremadura.   O prazo de presentación de instancias será do 21 de Xullo ao 12 de agosto, ambos inclusive.  Ligazón bases convocatoria: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVzdVVGdMNEc1enc/view?usp=sharing Ligazón instancia: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNTmcwTWJNQXNkWWM/view?usp=sharing

PUBLICACIÓN O 1 DE SETEMBRO DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO CONCURSO

Con relación ao concurso de traslados entre funcionarios dos Corpos/Escalas, de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza de data 20-5-2015, o Ministerio acaba de informar que a resolución provisional do mesmo está prevista para a última semana de agosto, publicándose no BOE do 1 de setembro a Orde correspondente na que se concederá como prazo de alegacións ata o 20 de setembro .

CONVOCATORIA BOLSA DE INTERINOS MURCIA

  Hoxe saíu publicada na páxina web do Ministerio de Xustiza a Resolución de convocatoria das bolsas de persoal interino dos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio de MURCIA.   O prazo de presentación de instancias será do 17 ao 31 de Xullo, ambos inclusive. Ligazón Bases Convocatoria: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292427542556?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DCONVOCATORIA_BOLSA_DE_TRABAJO_MURCIA_2015.PDF   Ligazón Instancia: http://www.mjusticia.gob.es/cs/Satellite/Portal/1292427542570?blobheader=application%2Fpdf&blobheadername1=Content-Disposition&blobheadervalue1=attachment%3B+filename%3DINSTANCIA_BOLSA_MURCIA.PDF

25 ANOS DE GALEGO NO XULGADO DA FONSAGRADA

"En galego porque é de xustiza". Así reza o título dun artigo a dobre páxina publicado o pasado domingo en El Progreso (resumo do artigo en  http://elprogreso.galiciae.com/noticia/415288/en-galego-porque-e-de-xustiza   O Concello da Fonsagrada e a Irmandade Xurídica Galega queren recoñecer o  labor  en  favor  da  lingua  galega  desenvolvido  nos  últimos  25  anos  polos traballadores e traballadoras que pasaron polo Xulgado da Fonsagrada. Para iso, descubrirase o próximo sábado día 18 ás 13 horas, nun acto público, unha placa conmemorativa no edificio xudicial. Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNSGI4OXFzdVBxT00/view?usp=sharing

REFORMAR O ARTIGO 74 DO REGULAMENTO EN CANTO A SUBSTITUCIÓNS

Despois de ter tentado tanto a través do propio Ministerio como a través do grupo parlamentar do BNG, que se recollese nesta reforma da LOPX unha modificación que xa contemplara na propia lei o pagamento do 100% das substitucións, solicitamos agora o cumprimento do compromiso manifestado polo Director Xeral de Xustiza do Ministerio que, pese a non aceptar a nosa petición de reforma da LOPX, si se comprometeu a abrir o camiño da reforma do Regulamento Orgánico para que o ARTIGO 74 contemple dunha vez por todas e recoñeza o pagamento do 100% das substitucións. Esta petición foi feita exclusivamente pola CIG, xa que o resto de centrais sindicais nada manifestaron ao respecto pois, salvo Galiza, no resto dos territorios estase a pagar ese 100%. Ligazón escrito presentado ante o Ministerio: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNakFPNTR3WGFLa3c/view?usp=sharing

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN

Publicáronse na  intranet xudicial  o día 14/07/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 14, 15 e 16 DE XULLO.  Ligazón novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNY0lVVDVuaHpEVWM/view?usp=sharing

OS DOCUMENTOS DO REXISTRO CIVIL SACADOS DA WEB NON SON CERTIFICACIÓNS

Quedámonos pasmados ante a contestación que nos deu o Ministerio de Xustiza sobre o escrito que presentaramos fai unhas semanas solicitando que calquera funcionario de calquera rexistro civil puidera certificar as inscricións existentes nas bases de datos do rexistro, do mesmo xeito que un cidadán podía acceder co seu certificado dixital a dita información directamente. Pois NON, isto non poder ser así, porque segundo indica o Ministerio de Xustiza o único que por lei pode certificar é o encargado ou o secretario por delegación daquel e que, polo tanto os documentos que o cidadán sacara co seu certificado dixital non son propiamente certificacións do rexistro. Por este mesmo motivo tampouco calquera funcionario autorizado do rexistro civil con certificado dixital profesional pode sacar certificacións que non sexan a do seu propio órgano. Ligazón contestación Ministerio: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNbjEyUXd5cm0zUEE/view?usp=sharing  

LEI 19/2015 DE REFORMA ADMINISTRATIVA E DO REXISTRO CIVIL

Nesta lei se reforma o procedemento de poxa, tanto para bens mobles como para inmobles, adaptando o mesmo ao sistema electrónico.  Na segunda parte da mesma, que ten por obxecto a modificación da Lei 20/2011, de 21 de xullo, do Rexistro Civil, preténdese que, a partir da entrada en vigor da citada Lei, a inscrición dos nacementos se realice directamente desde os centros sanitarios pero isto non vai ser a panacea pois esta inscrición so se poderá realizar en determinados casos.

DATA PREVISTA CONCURSO ESPECIFICO FISCALIAS

O día 28 de xullo está prevista a publicación de: - Resolución da Dirección Xeral de xustiza, pola que se convoca concurso específico para a provisión de postos de traballo de responsable de estatística, rexistro e calidade nas oficinas fiscais de Galicia. - Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso específico para a provisión de postos de traballo de coordinador/a nas oficinas fiscais de Galicia.

APROBADA DEFINITIVAMENTE A REFORMA DA LOPX

O pleno do Congreso dos Deputados aprobou definitivamente a reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Dita aprobación tivo lugar tras a votación das emendas introducidas polo Senado ao texto orixinalmente aprobado pola Cámara. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNQ3p6SXJGUmthX0E/view?usp=sharing

NOVAS PRAZAS PARA SUBSTITUCIÓN E ADXUDICACIÓNS

Publicáronse na  intranet xudicial  o día 08/07/2015 os avisos de novas prazas ofertadas en substitución así como a adxudicación das anteriormente publicadas. Podedes tamén consultar directamente a información premendo nos vínculos que se achegan abaixo. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 8, 9 e 10 DE XULLO.  Ligazón novas prazas para substitución: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNNDZvMHVOS2M1N0E/view?usp=sharing Ligazón prazas substitución adxudicadas: https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNeVBfODR4QThCeTg/view?usp=sharing

ADVERTENCIA SOBRE O USO PARTICULAR DO CORREO CON ACUSE DE RECIBO E DO POSTAL EXPRES

Na intranet publicouse no día de hoxe o se seguinte aviso no que se pon en coñecemento do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza dependente desta comunidade autónoma que calquera tipo de comunicación ou solicitude de carácter persoal que non estea automatizada (caso no que se deberá utilizar o procedemento informático establecido), deberá tramitarse polas vías ordinarias: escrito a través do rexistro, comunicación por fax ou correo electrónico. En ningún caso é admisible a carta certificada con acuse de recibo, postal expres ou outro medio dos  postos a disposición dos  órganos xudiciais para o seu funcionamento.

A ADMINISTRACIÓN REINTEGRA O IRPF DETRAÍDO INCORRECTAMENTE DO CAT NO MES DE XUÑO

Na reunión mantida este venres pasado coa Dirección Xeral, acerca da retención do IRPF sobre a contía do CAT que nos detraeron na nómina de xuño, informóusenos de que na vindeira nómina do mes de xullo van regularizar a situación e aparecerá reflectida expresamente a devolución da contía correspondente a ese concepto; a Dirección Xeral imputou o acontecido ás aplicacións do CIXTEC e de Facenda así como ao sistema que están a empregar ao pagar só 10 mensualidades do CAT e non 12, como debía ser. Polo tanto, na vindeira nómina do mes de xullo aparecerá a devolución da contía correspondente ao porcentaxe de IRPF que cada quen soporte sobre a contía do CAT que nos están a roubar nos meses de xuño e decembro.

A RETENCIÓN DO IRPF NO CAT

Esta é a contestación que ofreceu a Dirección Xeral en relación coa nómina do mes de xuño na que se produciu a retención da cantidade do complemento autonómico transitorio prevista como consecuencia da aplicación da Lei de orzamentos da comunidade autónoma. O axuste desta cantidade repercutiu na retención do IRPF, que no mes de xuño se viu incrementada, circunstancia que está prevista que se regularice a partir do próximo mes. En fin, tan difícil é que non apareza o CAT no mes de xuño e decembro ou que a principios de ano, dado que a lei de orzamentos é de decembro de 2014, xa se prevea isto na retención de IRPF e este se acorde que sexa menor a fin de contrarrestar este efecto. Non obstante esta explicación, a Dirección Xeral convocou mesa técnica para tratar este tema o vindeiro venres 3 de xullo.

LISTAXES DEFINITIVAS MÉDICOS FORENSES INTERINOS

No DOG número 122 do día 1 de xullo de 2015 publicouse a Resolución do 15 de xuño de 2015 pola que se aproba a listaxe definitiva da bolsa de interinos de médicos forenses convocada por Orde do 29 de setembro de 2014. Podes atopar máis información na páxina da Dirección Xeral de Xustiza . Ligazón listaxe definitiva Médicos Forenses: http://ficheiros-web.xunta.es/cpapx/Interinos/Lista_definitiva_medicos_forenses_interinos_20150701.pdf