A adminstración autonómica ven de informarnos que o vindeiro 15 de setembro será publicada a nova RPT do IMELGA. Segundo estas informacións esta nova publicación trae aparellada o cambio dos códigos das prazas e a ampliación dos cadros de persoal de Médicos Forenses e de persoal dos corpos xerais que ata a data figuraban como reforzos de plantilla. A CIG mantivo unha grande belixerancia neste tema e, grazas a nosa insistencia tanto en Compostela como en Madrid, provocamos non só que por fin se publicara por primeira vez a RPT do IMELGA o pasado 13/03/2015, se non que a administración se comprometera a incluir nunha nova RPT (a que agora se vai publicar) aqueles reforzos que levan tantos anos sen consolidarse nos cadros de persoal deste organismo (non todos os que nos desexaríamos).
Comentarios
Publicar un comentario