Saltar ao contido principal

TELEFORMACIÓN - CURSO DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA PERSOAL DESTINADO FORA DE GALIZA

No Diario Oficial de Galicia número 176, do 15 de setembro de 2015, publícase a Resolución do 8 de setembro de 2015 pola que se convoca un curso medio de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración da xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza que presten servizos FORA da Comunidade Autónoma de Galicia. 
Convócanse tres edicións do Curso de linguaxe xurídica galega de nivel medio, que se impartirán na modalidade de teleformación, e o número de prazas por cada edición do curso será de 30.

O prazo de presentación de instancias  será de dez días naturais, finalizando o mesmo o vindeiro 25 DE SETEMBRO. Para formalizar a mesma deberedes de acceder á area de matrícula da EGAP que figura no enlace de abaixo.
O exame será presencial e realizarase en Santiago de Compostela o 19 DE DECEMBRO.
Sobre calquera dúbida acerca do curso podedes contactar coa EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 46, o número de fax 981 54 63 39 ou o enderezo de correo electrónico: xestion.egap@xunta.es
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150915/AnuncioO150-090915-0002_gl.pdf
http://egap.xunta.es/matricula 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr