A Área Pública da CIG (CIG-Ensino, CIG-Saúde e CIG-Administración)
decidiu non asinar, nin emitir voto sobre a proposta de acordo
presentado pola Xunta de Galiza polo que se restaura unha ínfima parte
dos dereitos sustraidos aos traballadores e traballadoras da
administración pública galega. Entende que “non garante a recuperación
económica do que tiñamos” como quedou confirmado por Función Pública na
xuntanza deste xoves, nas que lles foron adiantados os contidos duns
orzamentos para o 2016 que, tal e como temían, non contemplan a
recuperación de dereitos.
Ligazón:
Comentarios
Publicar un comentario