Na intranet xudicial publicouse que o vindeiro venres 6 de novembro sairá no BOE e no DOG a Resolución do 19 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 20 de maio de 2015.
Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino. No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en
distintas localidades dunha mesma provincia, ambas as formalizacións
poderanse facer o día da toma de posesión, sendo a data de
formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa
resolución de adxudicación.
Dado que no caso de tramitación o final do prazo de toma de posesión coincide cun sábado, poderá tomarse posesión ao luns seguinte.
Dado que no caso de tramitación o final do prazo de toma de posesión coincide cun sábado, poderá tomarse posesión ao luns seguinte.
Consultade aquí o resto de condicións establecidas:
Modelo de datos bancarios:
Modelo de entrega de tarxeta identificativa:
Modelo 145 IRPF - Retencións Facenda:
Comentarios
Publicar un comentario