Saltar ao contido principal

ESTE É O CAMIÑO CARA AO EXPEDIENTE DIXITAL

Este, por desgraza, é o aspecto que reflicten os nosos xulgados a un mes da implantación do expediente dixital. Como se se tratase dun aviso por tsunami, a administración de xustiza galega fai acopio día si, e día tamén, de cantidades inxentes de "alimento" para as súas impresoras e fotocopiadoras. Si, señores, tátase dese "alimento" sen o cal unha impresora e una fotocopiadora non poderían realizar a súa función: "O Papel". Agora, no canto de recibir as copias das demandas, escritos e demais en formato papel, ao parecer as recibimos polo ciberespacio (un pouco limitado de capacidade para tal apelativo, pois os grandes documentos hai que mandalos en cachiños pequenos, non vaia ser que a máquina que os distribúe se atragantase e, precisamente se perdan no ciberespacio, sen saber cara onde terán ido). Neste intres, o máis dixital que temos e o dedo que empregamos para pulsar no botón de imprimir. A inercia desta administración de xustiza, que leva anos traballando nun formato papel, non se cambia con palabras bonitas se non con feitos e con medios adecuados para acadar o obxectivo que se persegue, que é a eliminación paulatina do uso do papel nos xulgados. Pois ben, mais que a eliminación paulatina do papel nos xulgados, estámonos atopando cun rexurdimento do uso do papel, coa salvedade de que agora é a administración quen corre co gasto de todo ese material, así como do toner para imprimir o que chega en formato "dixital" e acaba por converterse novamente en formato papel.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr