A CIG CONSEGUE QUE O PARLAMENTO GALEGO APROBE POR UNANIMIDADE O DEBATE SOBRE UNHA TARIFA ELECTRICA GALEGA
A
CIG avalía como un grande éxito que o Parlamento aprobara por
unanimidade a ILP que presentamos en demanda dunha tarifa eléctrica
galega e contra a pobreza enerxética
O
Parlamento de Galiza acordou este martes, día 26 de xaneiro, tomar en
consideración a ILP impulsada pola CIG en demanda dunha tarifa eléctrica
galega e de medidas que permitan combater a pobreza enerxética. Para a
central sindical conseguir que se inicie a tramitación parlamentaria
deste texto, que chegou co aval de preto de 18.000 sinaturas, o apoio
das deputacións provinciais da Coruña, Lugo e Pontevedra e máis de 50
concellos, entre eles os de 6 das 7 grandes cidades de Galiza, é un
grande éxito
Comentarios
Publicar un comentario