Dende a CIG, ante a nova de que o vindeiro 31 de xaneiro de 2016
deixarán de funcionar as contas de correo corporativo do dominio
“JUSTICIA.ES” cambiando o dominio a “XUSTIZA.GAL”,
dirixímonos a adminsitración autonómica para indicarlle que
debería proceder, a través do CIXTEC, a realizar dito cambio
directamente, a fin de que as compañeiras/os recibiran
correctamente a notificación da súa nómina.
Como moito nos tememos que o CIXTEC non realizará ese cambio, a
continuación vos deixamos os gráficos coas instrucións que
debedes seguir para trocar vos mesmos o enderezo de correo
electrónico onde queredes recibir as vosas nóminas, se e que ata
o de agora o viñades facendo nunha conta do dominio “JUSTICIA.ES”
Teredes que entrar no CIXTEC, coa vosa tarxeta, e premer na opción de Oficina Empregado Público - Servizos con Certificado:
Logo seguide as seguintes instrucións:
Comentarios
Publicar un comentario