Onte, durante a celebración da mesa de seguimento sobre a implantación de
Lexnet convocada polo "Ministerio de Justicia", esta central sindical interesouse
pola supresión dos correos electrónicos corporativos co dominio “@justicia.es”.
O subdirector xeral de novas tecnoloxías, informounos dos motivos polos
que se procede ó peche deste servizo.
Preguntado pola posibilidade de facer unha migración da información contida
nesas contas ás novas, maniféstanos que é posible e que hai varias formas de
facelo, cousa que o propio Ministerio fixo cando mudou o seu dominio, e
comprometeuse a facilitar toda a información precisa para que se poida
proceder a ese traslado de datos. Incluso están dispostos a prorrogar a
desconexión da plataforma.
Vista a diferente información que reside nos correos corporativos (sobre todo nos dos Rexistros Civís) e ante as
diferentes posibilidades amosadas para poder manter a información, instamos á Dirección Xeral de Xustiza e
a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) a que se poñan en
contacto coa "Subdirección General de Nuevas Tecnologías del Ministerio de Justicia" para que de xeito
automático se poida conservar a información almacenada nos correos de
“@justicia.es” para a súa migración a “@xustiza.gal”.
Comentarios
Publicar un comentario