Saltar ao contido principal

CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO: PROXECTO DE FUTURO OU QUIMERA

Hoxe, tivemos xuntanza todos os colectivos xudiciais co Vicepresidente e Conselleiro de Xustiza e co Director Xeral na Delegación de Vigo, para tratar o tema do proxecto da cidade da xustiza.
Segundo o conselleiro, a finais de marzo pode estar definitivamente aprobada xa a modificación do Art. 144 que posibilitaría, no caso de Vigo e sempre que houbera proxecto básico, a licitación do proxecto e petición de licenza para a construción do novo edificio xudicial ala para o mes de xuño.
Dito o anterior, o Conselleiro presentou unha alternativa novidosa que pasaría pola rehabilitación do edificio do Hospital Xeral de Vigo e o traslado de todas as dependencias xudiciais da rúa lalín a esa nova ubicación, unha vez concluídas todas as obras de adaptación. Matizou que habería que habilitar igual número de prazas de aparcadoiro que as previstas para a rúa lalín e que en superficie sairía gañado o proxecto cos seguintes datos e que tanto tecnicamente como economicamente era viable a execución deste proxecto en 28-30 meses (máis aló de ter que negociar o consentimento do Concello de Vigo no cambio de uso e da TXSS, titular do edificio):
Proxecto e edificios da Rúa Lalín:

19.000 m2 os actuais edificios.
  3.000 m2  80 prazas de garaxe no soto
                     62 prazas de garaxe en superficie
  8.000 m2 edificio novo
                  197 prazas de garaxe

Proxecto Hospital Xeral:
36.700 m2 Torre do Hospital Xeral
12.600 m2 Anexo I
  1.600 m2 Cafetería
Habería que prever a posibilidade de facer prazas de garaxe.

8.000 m2 Anexo II (Reservado para o Sergas PAC)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr