Saltar ao contido principal

O DÍA 3 INÍCIASE A CAMPAÑA DE REVISIÓNS MÉDICAS VOLUNTARIAS

No DOG de onte saíu publicada a RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2016 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.
A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento,
que está dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia (Vicepresidencia e
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Servizo de Prevención de
Riscos Laborais): www.xunta.es/riscos ou premendo na icona que figura no marxe dereito desta páxina.
O prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, é dicir, o vindeiro 3 DE MARZO DE 2016.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.