Nunha xuntanza que este mércores mantivemos co conselleiro de Facenda e o director xeral de
Función Pública, anuncióusenos por enésima vez que este goberno vai reducir o nível de morosidade cos/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza devolvéndonos este ano o 50% da paga extra do 2012.
Segundo as súas previsións devolverían o 25 % en abril e o outro 25% en setembro (o que nós interpretamos como un 25% antes das eleccións xerais, de habelas, e outro 25% antes das eleccións galegas).
Para o 2017 mellor encomendarnos a algún santo, a ver se por aí...
Comentarios
Publicar un comentario