O Diario Oficial de Galicia, na súa edición do 21 de abril de 2016, publicou a RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2016 pola que se convoca unha actividade formativa de autoformación sobre atención ás vítimas de delito e información ao cidadán para xestores procesuais e administrativos, tramitadores procesuais e administrativos e funcionarios do corpo de auxilio xudicial destinados nos órganos xudiciais e fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia.
A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de decembro de 2016.
O acceso aos contidos da actividade do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse á proba de avaliación regulada no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nela e, polo tanto, non da dereito á expedición do certificado correspondente.
A inscrición para realizar a proba de validación e ter dereito ao correspondente certificado deberá de facerse no prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Comentarios
Publicar un comentario