Para aquelas compañeiras/os que houberan obtido sentenza favorable na súa reclamación da paga extra de 2012 e que, na certificación do IRPF deste ano lle aparezan ditos haberes coas súas correspondentes retencións dese ano 2012, teñen dereito a obter unha redución do 30% dos haberes percibidos, debido a rendementos irregulares (casilla 009) por sentenza xudicial firme. Polo tanto, á hora de realizar a vosa declaración de impostos, debedes ter en conta que non sería necesario facer unha declaración complementaria do 2012 e que se poden imputar ditos haberes irregulares ao ano 2015, pero coa salvedade de poder reducir o 30% dos mesmos, cando, de facer declaración complementaria, non se permitiría dita redución.
Ligazón:
Ligazón:
Comentarios
Publicar un comentario