Por medio da presente temos que rectificar a nova que poñiamos neste blog o pasado 7 de abril en relación cos efectos dos emolumentos percibidos como consecuencia de ter gañado o pagamento da paga extra de 2012 a través dunha sentenza xudicial. Dado que, curiosamente, no 2015, a lei tributaria sufriu unha modificación grande no apartado ao que nos referiamos, resulta que xa non se contempla esta opción de desgravación irregular e a mellor elección para a declaración das cantidades percibidas pasaría, ou ben por imputalo ao ano no que se percibiron (no presente caso ao 2015) ou ben facer una declaración complementaria do ano 2012 incluíndo eses emolumentos.
A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f
Comentarios
Publicar un comentario