Saltar ao contido principal

POR FIN PODEREMOS CONSULTAR O NOSO EXPEDIENTE PERSOAL

A partir do vindeiro día 03.05.2016 estará dispoñible a última versión da Oficina Virtual do Persoal ao Servizo da Administración de Xustiza, coa inclusión da nova opción  de consulta do expediente electrónico, funcionalidade coa que se terá acceso á consulta dos seguintes datos:
·         Datos persoais
·         Datos administrativos
·         Titulacións/Nivel de galego
·         Trienios
·         Cursos
·         Destinos desempeñados
Ao mesmo tempo, e co fin de poder completar os expedientes persoais, habilítase a opción de modificación/actualización de datos, onde poderán completar a información que se amose, apoiando a petición coa documentación acreditativa pertinente, para a súa posterior validación polo servizo de persoal correspondente.
Tanto as solicitude de modificación coma as de actualización serán tramitadas de forma electrónica, para o que se requirirá a sinatura dixital do solicitante mediante o emprego dalgún certificado dixital válido (tarxeta de identificación do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou un certificado dixital admitido pola Sede electrónica da Xunta de Galicia).

CALQUERA CONSULTA EN RELACIÓN CO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO RESOLVERASE EXCLUSIVAMENTE POR VÍA TELEMÁTICA.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.