XORNADAS SOBRE A NOVA LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN E DO RÉXIME XURÍDICO DO SECTOR PÚBLICO
No DOG do 18 de maio saiu publicada a RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016 pola que se convocan unhas xornadas sobre "As novas leis de procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público".
Lugar: EGAP, salón de actos. Rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.
Datas: 8 e 9 de xuño de 2016.
Horario: de mañá.
Duración: 10 horas lectivas.
As persoas interesadas deberán formalizar a
súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP:
https://egap.xunta.es/matricula/.
O prazo para inscribirse estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 6 de xuño de 2016, ás 23.00 horas.
Máis información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos: 981 546 241/546 239.
Comentarios
Publicar un comentario