Ainda que pareza mentira (isto é algo de sarcasmo) a día de hoxe seguen sen ser modificados moitos dos modelos dos que se fan uso en Minerva nas distintas ordes xurisdiccionais, tras as reformas procesuais levadas a cabo. Neste momento tocoulle ao ámbito penal no que, a pesares de que a reforma xa leva varios meses en marcha, non se mudou nos modelos a palabra "imputado", cambiándose a mesma pola de "investigado", nin tampouco se correxiron os dereitos que agora hai que facer saber aos prexudicados. Iso si, a denominación "Secretario Xudicial" si foi cambiada no mesmo momento pola de "Letrado da Administración de Xustiza" que, como todos sabemos, é unha reforma procesual de altísimo calado e case fundamental para o funcionamento dos órganos xudiciais (outra vez o sarcasmo).
O máis sorprendente de todo isto e que o CXPX (véxase no enlace o escrito) parece como se acabara de enteirarse agora de que os modelos de Minerva en Galiza non estiveran actualizados e, ainda por riba, da a sensación de que a culpa é da Xunta de Galiza que non os actualizou no seu momento. En fin, con estas ferramentas e con estes "directivos" temos que lidiar todos os días para intentar que a xustiza siga avanzando, ainda que sexa a paso de carreta.
Ligazón escrito contestación CXPX:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdE5sOThDeGN4TGM/view?usp=sharing
Ligazón escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdzB2UGYxZWh0bXc/view?usp=sharing
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdE5sOThDeGN4TGM/view?usp=sharing
Ligazón escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNdzB2UGYxZWh0bXc/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario