Saltar ao contido principal

ULTIMÁTUM AO CONSELLEIRO




O DIRECTOR XERAL TEN DE PRAZO ATA O MERCORES 31-08-16 PARA PRESENTAR UN ACORDO SOBRE INCAPACIDADE TEMPORAL (I.T.) SUBSTITUCIÓNS E VIOLENCIA DE XENERO

SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSI-F, STAJ, CIG non imos a esperar máis tempo para que a Xunta de Galicia deixe de discriminar aos funcionarios galegos con respecto aos do Ministerio de Xustiza.
Dende a Constitución da Mesa Sectorial no mes de maio os 6 sindicatos con representación na Mesa levamos esixindo ao Director Xeral de Xustiza a equiparación coa normativa do Ministerio de Xustiza sobre Incapacidade Temporal (I.T.), o 100% das retribucións nas Substitucións e un acordo sobre a problemática nos Xulgados de Violencia sobre a Muller.
Ao longo destes meses os Sindicatos bloqueamos varias Mesas de negociación nas que se
pretendían sacar normativas que só interesaban á Administración, mantivemos reunións co propio Director Xeral e a Subdirectora, das que fixemos as súas correspondentes follas informativas para que os traballador@s estiveran informados de todo o proceso.
Ante a falta de movementos significativos por parte da Xunta de Galicia, SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CSI-F STAJ e CIG e, ante o adianto electoral, forzamos unha reunión co Director Xeral o pasado día 25-agosto-2016; nesa reunión démoslle de prazo ata o mércores 31-08-16 para que presente un texto de acordo coas seguintes condicións:

- O mércores 31-08-16 traslado do texto do acordo aos Sindicatos.
- O venres sinatura do acordo se cumpre coas esixencias.
- Publicación no D.O.G antes do día 8 de setembro, previo á campaña electoral.
- No texto referente ás I.T. debe recoller o seguinte paragrafo, para evitar dúbidas de cumprimento despois das eleccións
 
“..a Consellería de Xustiza modificará, antes do 1 de novembro de 2016, as resolucións ditadas no seu momento sobre retribucións nos casos de incapacidade temporal para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia, co propósito de equiparar dito réxime ao actualmente previsto para membros da carreira xudicial e fiscal e cos traballadores do Ministerio de Xustiza”

Se a Xunta de Galicia e o propio Director Xeral de Xustiza non cumpren cos prazos ou con algunha das condicións esixidas polos Sindicatos convocaremos distintos tipos de mobilización aproveitando a campaña electoral e pediremos o apoio aos 2.500 traballadores da Administración de Xustiza de Galicia para que o actual Goberno da Xunta pague electoralmente o seu desprezo e discriminación aos traballadores Galegos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr