Saltar ao contido principal

CANDO ALGUEN LLE PISA OS "CALOS" A ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

Incautos de nós só se nos ocorre, no seo da Xunta de Persoal de Pontevedra, a idea de denunciar á Consellería de Vicepresidencia, Presidencia, Admóns. Públicas e Xustiza polo intento de realización dun acto que considerabamos electorarista, como era o de publicitar, en plena campaña electoral, o gañador do proxecto da Cidade da Xustiza de Vigo, escudándose en que se trataba dun procedemento administrativo e que se tiña que cumprir coa data fixada para este acto antes sequera da convocatoria das eleccións autonómicas. As represalias non se fixeron  esperar e a Subdelegacion do Goberno en Pontevedra denegou a petición da comunicación dunha concentración (nin tan sequera manifestación) das traballadoras/es da administración de xustiza en Vigo e en Pontevedra, escudándose no prazo de comunicación, cando en ningunha ocasion anterior, a pesares de tampouco cumprir con ese prazo, se nos denegou nunca un acto deste tipo.
A administración autonómica actuou deste xeito (eles dirán que non, que a Subdelegación do Goberno e un órgano da Admón. do Estado e perfectamente independente para tomar as súas decisións), porque a Xunta Electoral Local de Vigo estimou o nosa denuncia e adiou a data de presentación dos proxectos a un momento temporal posterior á celebracion das eleccións, ao non causarse ningún prexúizo ao interese público xeral. Lonxe de aceptar que se tiñan "columpiado" recorreron dita decisión ante a Xunta Electoral Provincial e, nesas estamos neste momento, gastando recursos da administración autonómica para conquerir acadar a posibilidade de colgarse unha medalla, cando nos catro anos anteriores a estas eleccións non se fixo nada pola cidade da xustiza.

Ligazón escrito de denuncia inicial:

Ligazón acta Xunta Electoral Local de Vigo

Ligazón escrito de recurso Xunta:

Ligazón contestación recurso Xunta de Persoal:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr