Saltar ao contido principal

COMO DESVIAR O CORREO DA CONTA "XUSTIZA.GAL" A TÚA CONTA DE CORREO PARTICULAR

De todos é sabido que as contas de correo corporativas "xustiza.gal" non son as máis empregadas polas traballadoras/es da Administración de Xustiza para realizar as súas xestións, aínda que isto probablemente terá que ir mudando nos vindeiros meses. 
Tras a implantación na OPAX da "Caixa de Comunicacións", a través da cal a administración autonómica pretende realizar todos os trámites relacionados coa vida laboral do traballador, empregando así mesmo as contas de correo corporativo como cauce de aviso e información das notificacións enviadas, a fin de evitar que ditas comunicacións non sexan atendidas a tempo, aquí vos deixamos un manual para que todos os correos que vos cheguen á conta de correo corporativo "xustiza.gal" os podades ter ao mesmo tempo tamén nas vosas contas de correo particulares, evitando así que, por non abrir o correo corporativo coa frecuencia necesaria, perdades algunha notificación importante. O correo así reenviado quedará tanto na conta xustiza.gal como na conta particular.

Ligazón manual reenvio correos:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.