Saltar ao contido principal

TOMADURA DE PELO OU ACORDO???


ANTE A INCAPACIDADE DO DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA PARA ASINAR O ACORDO QUE EVITE A DISCRIMINACIÓN SANITARIA DO PERSOAL DE XUSTIZA, OS SINDICATOS FORZAMOS UNHA REUNIÓN DEFINITIVA CO DIRECTOR XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA DA XUNTA O LUNS 12/09/16


Dada a incapacidade do Director Xeral de Xustiza, na Mesa de Función Pública logramos que o máximo responsable da Función Pública de Galicia veña o próximo luns á nosa Mesa de Negociación para acadar un acordo que acabe coa discriminación sanitaria do persoal da xustiza galega.
Ante a posibilidade de que a reunión sexa unha nova tomadura de pelo aos traballadores e traballadoras e non teñan intención de asinar o acordo, os Sindicatos con representación na Mesa temos convocados unha serie de actos e mobilizacións coincidindo coa campaña electoral. O punto de partida será o xoves 15 de setembro na Coruña. Na semana seguinte estenderanse a tódolos partidos xudiciais.
NON PODEMOS PERMITIR QUE:
  • Mentres os Funcionari@s do Ministerio de Xustiza, Navarra, Aragón, Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos por as enfermidades recollidas no R.D 2210/1995; Gripe,Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos Ferina, Varicela............. E así ata alcanzar 38 enfermidades de declaración obrigatoria segundo o Ministerio de Sanidade.
  • Mentres os Funcionari@s do Ministerio de Xustiza, Navarra, Aragón, Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos por procesos oncolóxicos que non conleven tratamento.
  • Mentres os Funcionari@s do Ministerio de Xustiza,…... NON TEÑEN descontos polos procesos de incapacidade temporal iniciados durante os tratamento mediante técnicas de reprodución asistida.
  • Mentres os Funcionari@s do Ministerio de Xustiza, Navarra, Aragón, Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos pola interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre de xestación por indución farmacolóxica.
@s funcionari@s da XUSTIZA GALEGA por esas mesmas enfermidades ou procesos suframos o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€/dia,aprox.) e o 25% do 4º ó 20º(15€/día,aprox.).
Galicia, 07 de setembro 2016

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.