Saltar ao contido principal

EXPEDIENTE DIXITAL AO ALCANCE DOS CIDADANS...MENUDA QUIMERA

O pasado 31 de outubro publicábase na intranet a nova de que "Os galegos xa poden consultar en liña a situación dos seus procesos xudiciais", indicando nun dos apartados, titulado como "Un repositorio único con nove millóns de expedientes", que "A pedra angular da que se serven as novas aplicacións e servizos dixitais (o visor, a sede, o portal de xustiza...) é o repositorio unificado xudicial, que está consolidado no 100% dos órganos xudiciais (45 sedes xudiciais, 4 audiencias e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) e permite a consulta de case nove millóns de expedientes (nada máís e nada menos). Neste repositorio actualízase diariamente a información dos distintos expedientes xudiciais, xerada en cada sede xudicial, cunha media de 1.500 novos expedientes diarios". Este tal repositorio unificado xudicial non é máis que unha copia dos datos existentes en cada un dos servidores de cada partido xudicial. Como ben sabemos que os datos existentes en Minerva están introducidos daquela maneira, duplicados, sen indentificador correcto, etc. (falando en plata, unha "merda") pois a esta Xunta de Galicia, concretamente a AMTEGA, non se lle ocorreu outra cousa que copiar todos eses datos erroneos nos servidores centrais no monte Gaias para a súa consulta pola cidadanía en xeral e polos profesionais en particular. Polo tanto, por definición, seguindo co simil escatolóxcio, se xunto varias "merdas" no mesmo sitio o que se obten é unha "morea de merda", que será o que o cidadán consultará cando acceda a esta plataforma.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr