Saltar ao contido principal

MESA SOBRE LEXNET E APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

Entre decembro do 2015 e decembro do 2016 rexistraron no CAU 215.089 “interaccións” sobre LexNet, aproximadamente un 90% convertéronse en incidencias.

Dende o Ministerio informan que están traballado para que o resto dos operadores públicos poidan comunicarse con xulgados polo sistema LexNet o 1 de xaneiro de 2017, aínda que ven moi complicado que poida chegar a completarse nesa data. Recoñecen que a Garda Civil non vai estar conectada ese día, igual que a maioría das Policías Locais (Hermes, que é como se vai chamar o programiña, é un nome bastante acertado, pois na mitoloxía grega é o deus, entre outras cousas, dos mintirosos). Tampouco os notarios e os rexistradores estarán conectados nesa data. Coas distintas administracións teñen a dúbida de como artellar as caixas de correo. Dende a CIG pedimos que fose ÚNICA para cada administración e despois cada quen xa o derivaría ao departamento correspondente, consonte á Lei de Procedemento Administrativo Común. Se isto non se fai así, imaxinádevos o caos que pode ser notificar! Abriríase en Lexnet un despregable por cada administración, despois habería que ir á consellaría correspondente, á delegación, e chegar o ente en cuestión, ..., tolearíamos!

Pedíronlle aos avogados que demorasen ata abril o traspaso da súa plataforma a Lexnet.

Para as comunicacións coas persoas xurídicas vaise empregar a plataforma de Facenda (Só no territorio Ministerio). O mesmo que para os poderes apud-acta. Esta aplicación si que vai estar operativa o día 1 de xaneiro (porque, entre outras cousas, é da AEAT) e que con toda probabilidade as CCAA transferidas opten pola mesma plataforma. Facenda vai a formar a todos os Letrados e funcionarios non transferidos; a formación do resto de funcionarios terá que correr a cargo de cada CCAA.

A conexión da fiscalía, Fortuny-LexNet, vaise producir ó 12/12/16 (xusto despois da ponte da constitución-inmaculada).

Nas consultas á base de datos da Tesourería Xeral da Seguridade, en relación aos datos persoais do funcionario que facia a consulta e que aparecían impresos na mesma, manifestan desde o Ministerio que xa está solucionado, pero que É REQUISITO indispensable que o acceso se faga dende o Punto Neutro Xudicial. De facelo dende a web da TXSS seguirán aparecendo eses datos persoais.

Solicitouse unha vez máis que se dite unha instrución coas normas de uso do Lexnet dende a Secretaría Xeral  para evitar que cada secretario de goberno faga o que se lle entoxe. Tamén que dotasen de Lexnet aos xulgados de paz.
 
En canto ao troco de Minerva, o teñen aparcado, porque son prioritarias as comunicacións electrónicas, pero aínda así se lles poden facer chegar as incidencias que se atopen en ditos modelos. Dende a CIG trasladámoslle a petición da actualización dos diferentes modelos que non concordan coas leis procesuais, así como diferentes documentos de Vixilancia Penitenciaria que non están correctos.

Tamén informan que na CETEAJE todas as CCAA e o Ministerio manifestaron a necesidade de que as sucesivas reformas lexislativas non podían entrar en vigor antes de que os modelos do sistema de xestión procesual sexan actualizados (a ver si é verdade).

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.