O MINISTERIO INTENTA NINGUNEARNOS AO NOIN CONVIDARNOS A UNHA XUNTANZA CO RESTO DE CENTRAIS SINDICAIS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
As Seccións de Xustiza dos
sindicatos CIG e ELA denunciamos ante a Secretaría de Estado de Xustiza a falta de consideracion ao non ter sido citados, no día de onte, 21/12/16, á xuntanza que se celebrou no Ministerio de Xustiza entre a Secretaria de Estado de Xustiza e o Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, coas organizacións
sindicaís estatais. A díta reunión tiñamos o dereito sindical a ser citados e a acudir, toda vez que, á luz das informacións publicadas, se trataron temas de ambito estatal tales como:
- Recuperación dos TRES DÍAS de asuntos particulares, que esixen unha modificación da LOPX e lle serían aplicables a todas as/os funcionarias/os de xustiza do estado.
- Tamén en relación á OEP da que se falou sobre a posibilidade ou non de acumulación das OEP 2015 (Médicos Forenses), OEP 2016 e a vindeira OEP 2017, cuestión esencial que afecta a todos os ámbitos territoriais.
- Negociación das substitucións e plans de formación. Neste tema, só en canto ás substitucións que, sein prexuízo da súa regulamentación autonómica, tamén teñen unha vertiente aplicable a todo o colectivo funcionarial.
- En relación aos descontos retributivos nas baixas por IT, das que se falou para extender o acordo alcanzado no ámbito ministerial ao resto de CCAA.
- Tamén se falou da disposición do Ministerio a solucionar o problema derivado da falta de cotizacións á seguridade social con anterioridade a 1990 do persoal interino.
- Que decir tamén da cuestión referida ao REXISTRO CIVIL que, ao parecer, foi tratada igualmente na xuntanza e na que, en consoancia coas recentes intervencións parlamentarias do Ministro de Xustiza, parece que se marcou a predisposición do Ministerio a que dita labor se siga realizando por persoal de xustiza, do cal nos congratulamos.
- Así como dos outros proxectos ministeriais, de igual ámbito xeral e aplicables a todo o estado, tales como: Reforma da LAC, modificación da LACR, dixitalización da xustiza, etc.
Polo tanto, o contdido, importancia, alcance e aplicación xeral, a todos os ámbitos territoriais, das cuestións referidas, sen prexuízo de que estiveran incluidas no Acordo de 18/12/15, require a necesidade de abordar o seu contido e negociación no ámbito da Mesa Sectorial de Xustiza, estando presentes todas as organizacións sindicais integrantes da mesma.
Comentarios
Publicar un comentario