Saltar ao contido principal

MESA TÉCNICA COA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA

Nesta mesa técnica, celebrada o pasado xoves 12 de xaneiro, pouco ou case nada se chegou a concretar na mesma, xa que o tema principal de dita convocatoria, a nova bolsa de persoal interino, quedou simplemente na exposición xeral do proxecto presentado.
Como pronunciamento inicial solicitouse da Dirección Xeral que indicara cal era a súa postura en relación coas prolongacións de xornada retiradas (sobre todo en relación cos decanatos onde existen só dous órganos) e tamén en  canto á bolsa de horas establecidas no calendario laboral.

1) Bolsa de horas.- Seguirá tal e como esta no calendario de 2014 en tanto en canto non recuperemos os 9 días de asuntos particulares. A CIG foi a única central sindical que solicitou que se aprobara para este ano 2017 un calendario laboral, pois con este imos levar tres anos sen que se publique o mesmo.

2)  Prolongacións de xornada.- A Dirección Xeral indicou que a decisión de retirar as prolongacións de xornada obedecía ao feito de poñer ao dia as mesmas para poder controlalas (actualmente había moitas prolongacións de xornada das que non atopaban xustificación). Non obstante, indicaron que non habería problemas en voltar a solicitalas polo conducto correspondente (supoñemos que a través dos secretarios coordinadores) e, se estiveran debidamente xustificadas, non habería problema ningún en concedelas. En todo caso, pola CIG se lle fixo ver que para os decanatos onde había dous xulgados, a única xusficación era esa mesma e que, polo tanto, poucos máis argumentos habería que plasmar na petición de prolongación de xornadas. A Dirección Xeral non se mostrou contrario a estas peticións polo que deducimos que este órganos deben de simplemente solicitar a prolongación de xornada baseándoo na existencia de dous xulgados e na falta de persoal propio de decanato.

3) En canto á creación dos órganos estase totalmente a expensas do que decida o Ministerio, que é quen ten a compentencia de creación dos mesmos. A Dirección Xeral só intervirá no momento de fixar a data de consitución e entrada en funcionamento de ditos órganos. A Dirección Xeral, ante o escrito presentado pola CIG o pasado 04/01/2016, mostrou a súa inquedanza sobre como se ia artellar a creación dos novos órganos en relación cos asuntos e os sinalamentos pendentes así como co retorno de ditos expedientes aos órganos de orixe para a súa execución.

En  canto ao proxecto de Bolsa de Persoal Interino, a administración fixo unha exposición xeral daquelas modificacións contempladas no proxecto presentado e remitido o día anterior, indicando claramente que non era a súa intención mudar moito o sistema actual, por falta de recursos, pola dilación que podería supoñer e pola incertidume que podería suscitar a falta de experiencia nun novo modelo de bolsa. Conminounos seguidamente a presentar as alegacións correspondentes cara ao vindeiro día 17 para tratar artigo por artigo as modificacións que cada central sindical prantexe nas mesmas. A CIG foi a única central sindical que fixo unha valoración xeral do proxecto presentado, indicando claramente que o mesmo era demasiado conservador e que, mantén a falta de información sen mellorar a mesma, non potencia o noso idioma, sobrevalora as titulacións, só tenta correxir aqueles pequenos erros que a actual regulamentación produciu, segue mantendo unha duración de dous anos, non é unha bolsa dinámica na que se poideran incluir novos méritos e que fixera fluctuar a posición dos partícipes en base aos mesmos, etc. En definitiva, un proxecto totalmente conservador como o caracter propio do partido no goberno de Galiza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno