Saltar ao contido principal

MESA TECNICA INTERINOS - PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS

O pasado día 17 tivo lugar unha mesa para analizar o proxecto de nova orde de persoal interino que foi facilitada pola DX, sendo a CIG a única central sindical que achegou alegacións por escrito á maioría do articulado. En liñas xerais, optamos por un proxecto de bolsa totalmente distinto,que faga que esta sexa moito máis dinámica, cunha utilización máis axeitada da OPAX, con actualizacións periódicas de méritos e que facilite aos candidatos a elección de prazas en distintos corpos e localidades. Tamén solicitamos que o coñecemento do idioma galego fora un requisito, sobre todo tendo en conta que co proxecto presentado as persoas de toda España que teñan aprobados todos os exercicios das oposicións entrarán de xeito directo nas bolsas.

Ligazón nota informativa:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.