Saltar ao contido principal

XUNTANZA DAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS CO MINISTRO DE XUSTIZA

Este xoves día 2 celebrouse en Madrid unha reunión co Ministro na que os dous delegados da CIG eran os únicos representantes procedentes de Galicia. O Ministro prantexou a reunión como unha manobra para que as OOSS transmitamos que todas son boas intencións; nese senso, informou da creación dunha Subcomisión de Estratexia, dentro da Comisión de Xustiza no Congreso, que se reunirá con todos os interlocutores co obxectivo de afondar nas reformas como a da LACRM ou a do Rexistro Civil, das que prometeu dispor de proxectos en breve.

A CIG, na súa intervención, solicitou que, dado que a orde do día era Rexistro Civil e OPE, nos deran propostas concretas; reclamamos a volta a convocar todas as prazas amortizadas, incluídas as de Xulgados de Paz; pedimos unha promoción interna exclusiva dentro da OPE 2017 e un novo sistema de promoción interna de xestión a letrados; recuperación dos dereitos confiscados, retribucións, días de permiso…Asimesmo, preguntamos pola creación dos novos órganos, protestando pola súa distribución, e por suposto volvemos a mostrar a nosa disconformidade con non ter sidos convocados á reunión do 21 de decembro.

Ligazón folla informativa:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNVGxITTFIOWRlb2M/view?usp=sharing

Ligazón nota prensa Ministerio: 
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNenlhby1pdkpKd2M/view?usp=sharing

Ligazón CONFILEGAL:
https://confilegal.com/20170203-el-congreso-aprueba-la-creacion-de-la-subcomision-para-acordar-la-estrategia-nacional-de-justicia/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr