Saltar ao contido principal

A XUNTA ESTÁ A PARALIZAR MELLORAS NOS PROGRAMAS INFORMÁTICOS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN GALIZA


Á  Xunta éncheselle a boca de dicir que somos os que mais avanzados iamos co Lexnet, que si faciamos non sei cantas miles de notificacións, etc, pero todo iso de boquilla e de cara á galería. A realidade e que moitas das melloras que está a implementar o Ministerio sobre Minerva e as comunicacións a través de Lexnet non dan chegado á Galiza (será coma o AVE que vai vindo pero nunca da chegado).
Polo tanto estamos á espera de se en Galiza imos continuar co Minerva ou se finalmente se vai cambiar por outra aplicación das existentes no Estado (que será o que finalmente acabe por facerse). Agardemos que se elixa unha mellor ca que temos e coa que se poida traballar no noso idioma. Asimesmo, a CIG  esíxelle  á Xunta que poña todos os medios que o Ministerio lle está a ofrecer para mellorar as interconexións entre órganos xudiciais así como cos centros penitenciarios e que traballe en prol de que todos os intervenientes no procedemento empreguen a sinatura electrónica para que o expediente dixital non siga a ser ciencia ficción na Administración de Xustiza en Galiza.

Ligazón folla informativa:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr