Saltar ao contido principal

NOTA SOBRE AS TOMAS DE POSESIÓN DOS OPOSITORES APROBADOS DA QUENDA LIBRE - OP2015

Na páxina web do Ministerio publicouse a seguinte nota en relación coas tomas de posesion dos opositores aprobados para acceso, pola quenda libre, aos distitntos corpos xerais da Administracion de Xustiza:

"En relación ás Ordes de datas 8, 9 e 10 de marzo de 2017 (BOE previsto 31 de marzo) correspondentes aos Corpos de Xestión PA, Tramitación PA e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, respectivamente, polas que se van a adxudicar destinos aos funcionarios de ditos corpos que superaron, pola quenda libre, as oposicións da OEP 2015, comunícase que, no caso de que un funcionario teña aprobadas varias oposicións das indicadas anteriormente, á hora da solicitude da EXCEDENCIA VOLUNTARIA, o criterio do Ministerio de Xustiza é que non será necesario o desprazamento persoal para tomar posesión e cesar no mesmo acto, no puesto de traballo adxudicado onde se teña a intención de solicitar a excedencia, se non que bastará con que a/o interesada/o, dentro do prazo de toma de posesión sinalado nas aludidas Ordes, comunique por correo electrónico, fax ou escrito, dita opción ao Departamento correspondente dese ámbito territorial, aos efectos da declaración de excedencia voluntaria prevista no art. 506. d) da Lei Orgánica 6/85, de 1 de xullo, do Poder Xudicial."

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr