Como todos os sindicatos se colgan medallas ultimamente: que si fumos quen de conseguir a maior oferta de emprego público de todos os séculos, que si se conseguiu a vacatio legis do rexistro civil, etc, pois a CIG non vai a ser menos e, baixando ao terreo práctico, grazas a nosa central sindical e a nosa insistencia durante dous anos, o Ministerio de Xustiza ven de aceptar (e así o expón na súa páxina web) que as certificacións do rexistro civil poidan ser emitidas con total valor legal por calquera rexistro, con independencia do lugar onde se realizou a inscripción. Un pequeno avance fronte aos grandísimos logros acadados por outras centrais sindicais.
Ligazón nota informativa:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNZHQya1VRLXpzTTA/view?usp=sharing
Ligazón Ministerio aplicando a petición da CIG:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMTFpanJGRWFIN2s/view?usp=sharing
Ligazón Ministerio aplicando a petición da CIG:
https://drive.google.com/file/d/0B1P2rAI8dwGNMTFpanJGRWFIN2s/view?usp=sharing
Ligazón escrito presentado no 2015:
Ligazón contestacion Ministerio 2015:
Comentarios
Publicar un comentario