Saltar ao contido principal

COBRO DUN PUNTO MÁIS DOS XESTORES EN FUNCIÓN DE SECRETARIA/O DE PAZ

Cando pensabamos que o tema estaba resolto, despois de ter gañado moitas sentenzas e, mesmo ter sido o precursor de ditas reclamacións, a administración autonómica mantense nas súas trece e só paga actualmente os 5,5 puntos a quen realiza as funcións de secretaria de paz e gañou a reclamación nos tribunais xa que, a día de hoxe, ainda non foi quen de implementar na orde de confección de nóminas o pagamento desta pequena diferenza salarial (1 punto). Así pois, nestes intres debe de haber compañeiras/os que están a prestar a súas funcións como xestores con nomeamento de secretaria/o de paz, que só perciben 4,5 puntos no canto dos 5,5 puntos que terían que estar a cobrar a pesares de existir tres sentenzas favorables do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e que a administración perdera 3000€ en custas en ditos recursos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing