Saltar ao contido principal

NOVA OFICINA XUDICIAL EN OURENSE

Esta fin de semana o periódico "La Voz de Galicia" publica nas súas paxinas que a administración autonómica pretende que sexa Ourese a cidade piloto para a implementación da nova oficina xudicial en Galiza. Curioso é, que os representantes dos traballadores teñamos que enteirarnos polos medios de prensa desta nova (seica como Felipe González se enteirou dos Gal), no canto de que dita cuestión fora exposta e consensuada a través da mesa sectorial de negociación (ata Montoro convoca mesas para falar das subidas salariais, ainda que sexan a posteriori das roldas de prensa). Se isto non fora pouco, no propio artigo dise claramente que a empresa que se vai a encargar do análise do proxecto de implantación (lóxicamente unha empresa privada) vai preguntar a súa opinión a todos os "xefecillos" xudiciais da "comarca" pero, aos representantes do maior colectivo de traballadores da Admón. de Xustiza da vila nin se lles menciona e, por suposto, non haberá moita intención de preguntarlles a súa oponión, non vai a ser que a dean e resulte que a mesma sexa máis útil que as dos xefes dos distintos departamentos enumuerados no artigo.

Ligazón "La Voz de Galicia":

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr