Saltar ao contido principal

OS NOVOS XULGADOS DE CLÁUSULAS CHAN

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial aprobou, no día de onte, a especialización de un total de 54 Xulgados de Primeira Instancia –un por provincia na península e un en cada unha das principais illas dos arquipélagos canario e balear- que, a partir do vindeiro 1 de xuño coñecerán, de xeito exclusivo, dos litixios relacionados coas condicións xerais incluidas en contratos de financiamento con garantías reais inmobiliarias cuxo prestatario sexa unha persoa física. No caso de Galiza serán o Xulgado de 1ª Instancia nº 7 da Coruña, o Xulgado de 1ª Instancia nº 2 de Lugo, o Xulgado de 1ª Instancia nº 4 de Ourense e o Xulgado de 1ª Instancia nº 14 de Vigo. Así é como o Estado apoia a banca e, no canto de favorecer a presentación de demandas colectivas que deran carpetazo definitivo e rápido a esta cuestión, pois crean "ad hoc" e lonxe dos cidadáns, xulgados para tramitar este tipo de casos. Por iso o dito tan coñecido de que "A banca sempre gaña", que para os galegos ten dobre significado. Nestes casos, entre as tres opcións establecidas, a saber, non reclamar, aquietarse ao acordo con minoración importante que prantexa a entidade bancaria ou formular a correspondente demanda, vese claro que das tres opcións, en dúas delas gaña claramente a banca. 

Ligazón nova Confilegal: 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.