Saltar ao contido principal

ESCASOS AVANCES NA MESA SOBRE REXISTRO CIVIL


Da reunión celebrada onte en Madrid acerca da proposta de acordo en materia de Rexistro Civil, só podemos dicir que fronte as reivindicacións da CIG (ás que outras OOSS se uniron na Mesa) que xa vos trasladamos esta semana (garantía de mantemento dos 431 Rexistros do Estado, exclusivamente desenvolto por persoal de Xustiza, competencias para as CCAA, reversión das encomendas a notarios e rexistradores,…), o Ministerio manifestou que o documento recolle os puntos nos que hai acordo, pero que:

-      Van incluír ás CCAA
-      Asumen que teñen que mudar o termo “se velará”
-      Valorarán incluír a exclusividade
-    Estudiarán a inclusión dun calendario de negociación para a reforma da Lei do Rexistro Civil.

Para a CIG, esta resposta volve a ser únicamente unha declaración de intencións, porque non se concretan as revisións; ademáis, falta resposta sobre a reversión das encomendas e a garantía de que permanezan abertos todos os actuais Rexistros Civís.

Próximamente haberá outra Mesa á que agardamos que o Ministerio traia un texto definitivo coas alegacións manifestadas, porque doutro xeito a CIG non asinará ningún acordo.
  
Noutra orde de cousas, o Ministerio informou que o periodo transitorio das solicitudes  de nacionalidade por residencia no RC remata o 30 de xuño (Disposición Transitoria Única da Orde JUS/1625/2016 de 30 de setemnro, en relación co artigo 7 do RD 1004/2015). Deberán presentarse en sede electrónica ou vía rexistro administrativo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.