Saltar ao contido principal

MESA NO MINISTERIO SOBRE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

O pasado día 15 de xuño celebrouse en Madrid unha reunión entre Ministerio e as organizacións sindicais máis representativas, entre elas a CIG, na que se trataron os seguintes temas con respecto ás aplicacións informáticas:


- Fiscalía: confirman que en Valladolid xa itineran todo en electrónico entre os xulgados e a Fiscalía, facendo as integracións en Fortuny dende Lexnet, e que o Ministerio afirma que o vai extender ao resto do seu territorio progresivamente. Agardemos que a Xunta tome boa nota e faga o mesmo AXIÑA.


- Formación: o Ministerio planea, no seu ámbito, no prazo de dous anos, ir incorporando progresivamente persoal de Xustiza para a formación e reducir o contrato con Indra.


-  Atendendo a peticións feitas, informan:
o   que a través de Entorno de órgano/datos del órgano pódese configurar o número de conta para que saia correctamente nos documentos.
o   que polo esquema de tramitación S99 pódese transformar un PA en Ordinario sen problema.
o   que teñen pensado implementar a aplicación para que os embargos de contas se poidan manter no tempo ata que se deixe sen efecto unha vez recibido o importe total. Neste senso teñen que facer modificacións lexislativas.


         A intervención da CIG baseouse nos seguintes puntos:


  1. Preguntamos novamente polos modelos de Minerva para os Xulgados de Vixiancia; o Ministerio contestou que as actualizacións seguirán a borrar os cambios feitos no editor (os modelos gardados), polo que están a traballar na actualización de modelos, sen concretar prazos. Habilitarán a alta de interveniente nos indultos. En xeral, manifesta que están a ultimar novas versións de Minerva e Lexnet.
Preguntamos polos criterios seguidos para conectar os Rexistros de Xestións de Penas nos territorios transferidos. Informamos de que están a enviar as comunicacións do cumplimento de penas ao servizo da comunidade con datos incompletos. Faltan os datos dos intervenientes e das executorias. Instamos a que diten as oportunas instrucións a Institucións Penitenciarias para que se completen todos os campos ou, pola contra, dende as Secretarías de Goberno se informe da posible inadmisión dos escritos. O Ministerio afirma que modificará o Lexnet de Institucións Penitenciarias para que todos os campos sexan de obrigado cumprimento.


  1. Esiximos que se incorpore na nova actualización a xeración de códigos de barras de Correos.


  1. Pedimos que os documentos de Lexnet que se teñan que anexar aos exhortos que se envían polo PNX poidan ir directamente, sen descargar a local.


  1. Tamén pedimos que se poida tramitar “en masa”, para que non haxa que facer as cedulas, dilixencias,... de unha en unha.


  1. Preguntamos polo acurtamento do tempo de carga de datos que utiliza o Minerva nos procedementos de execución social e penal.


  1. Solicitamos de novo o informe elaborado sobre os diferentes programas de xestión, contestando que deben preguntar “ás altas esferas” se nolo poden trasladar, porque aínda non se fixo público.


  1. Preguntamos polo estado das modificacións en Inforeg para poder expedir as certificacións en calquera oficina do RC independentemente do lugar onde ocorreran os feitos, tal e como informou o Ministerio dende a súa web a finais de marzo. Neste senso, informan de  que a vacatio legis é só por un ano.



  1. Instamos a que se busquen outras alternativas para que, cando haxa unha solicitude de xustiza gratuita nun procedemento iniciado, non haxa que grabar todos os datos novamente para enviarllos aos Colexios profesionais, senón que se permita facer un volcado.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.